con Sheila Minguito

Durante este retiro, gozarás dun plan perfecto de descanso e recuperación para compensar os efectos devastadores do estrés a través de experiencias sensoriais con aceites esenciais, plantas medicinais, paseos, charlas, atención plena, alimentación consciente e outras ferramentas holísticas e técnicas naturais que che axudarán a conectar contigo mesmo a nivel sensorial e enerxético, restaurando o teu corpo e a túa mente para que poidas volver sentindote renovado/a.

Ademais de cheirar e usar aceites esenciais, relaxarte, coñecerte e recargarte, desfrutarás da comida especial creada para o retiro cociñada por A Princesa do Guisante.

O taller está creado para vivir as experiencias sensoriais neste espazo evocador e acolleitor pero, por suposto, tamén para tumbarte a descansar, nadar na piscina, tomar o sol, ler, echar a sesta, durmir sen ruidos… e recuperar a túa vitalidade e sosiego.

Lévate á casa os preparados de aromaterapia que irás creando e todas as experiencias vitais que crearán un cambio na túa consciencia. 

Vén nutrir o teu Xardín da Saúde, vén á Calma Vital en Casa Monte Oribio.

Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.